Para inventarnos necesitamos inspiración e moitas veces axuda, eu neste proceso recurrín a clases de pintura con Susana Pazo Maside. Non só aprendo a pintar, cousa que tiña na mente dende hai moito e non atopaba o momento, senon outras artes...
Con médula aprendín a facer un cesto e con la flores, sendo o resultado final:
![]() |
Coa médula pódense facer obras moi útiles, decorativas... relaxantes na súa elaboración... pero quedóume algún buraco por non ter apretado suficiente, teño que practicar... como todo... |
![]() |
Así foi collendo forma... |
![]() |
Sorprendeume gratamente descubrir o que se pode facer cunha masa de la, auga, xabón... encantóume o afieltrado... crear flores de cores a pracer... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario