VIII. Sol.
María e Xus seguen sumando pasos, un
indicador anuncia a súa chegada a Fisterra, o seu destino quizais sexa a fin da
terra, o seu propio fin. Xa non quere ver a ninguén, non quere falar, toma un
sendeiro cara o alto dunha montaña. Descobre uns restos arqueolóxicos… a ermida
de San Guillerme, iso pon nun panel turístico. Segundo conta a tradición, neste
monte os romanos atoparon un altar ó sol, Ara Solis, construído polos pobos que
alí habitaron antes da romanización. Os lugares paganos destinados a ritos de
fertilidade foron cristianizados, xa non funcionan.
Nunha gran lousa horizontal, onde
antigamente durmían as parellas estériles para concibir descendencia, pecha os
ollos e abandónase a outros mundos.
IX.
Outros mundos.
María soña cun naufraxio, está
empapada, non pode respirar, abre os ollos e ve un rostro sobre ela. Vicente
faise a un lado, a situación é embarazosa, sen dúbida. Xus únese ó trío, como
se coñecese ós dous dende sempre. Chove coma se o ceo estivese regando algo
importante. O home do chuvasqueiro tenta explicar que perdera a Xus nunha viaxe
hai meses, ela non o escoita, está furiosa. Lóstregos e tronos converten a
bóveda celeste nun espectáculo sen igual, que os ilumina ata que se convencen
de que deben baixar á civilización.
A policía entra na casa que xa non é
dela, a verdade é que non queren facelo. Non hai ninguén.
![]() |
Steam-Boat off a Harbour's Mouth in Snow Storm , 1842. William Turner. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario