11 de dec. de 2016

46. Milia, a cabaza

Boa protectora cun toque moucho sabio...


As cabazas descuartizadas xa están no conxelador para ser convertidas en sopas de inverno...
Milia tamén.
Onde andas Canciño?



21 de xul. de 2016

43. Xoieiro


Un xoieiro esquecido nun faiado, 
sen cor e desfondado, 
sen unhas mans agarimosas 
dando alento ao caixón pechado, 
sen un rostro que se mire no espello pegado.

Foi atopado e pintado,
para Eva maqueado,
ten a súa historia este moble repintado,
foi da túa madriña, da túa nai...
e estábate agardando.









23 de abr. de 2016

42. A leiteira e o efecto bolboreta

Nace en Criando unha nova leiteira... xa existía, pero tornouse diferente e recuperou o protagonismo.

O leite, estaba garantizado grazas á distribución que facían del as leiteiras,
moitas delas diariamente acudían ó núcleo urbán nos lugares máis afastados...
 
A diferenza da maioría dos paxaros, o moucho é nocturno, cabeza e ollos grandes, mirando cara adiante.
Os ollos están fixos e algúns destes animais son capaces de xirar a cabeza ata 270 graos.
Excepcional visión, audición aguda e capacidade de voar en silenzo.
Estas aves nocturnas solitarias son un símbolo de sabiduría interior, capacidade psíquica e intuición.
Considerados por moitas culturas como mensaxeiros entre as criaturas terrenais e espirituais.
A vaca foi o principal subministrador de forza de traballo, ademais de ser alimento, facer esterco, dar coiro... Nos días santos non se as pode axugar, son levadas a romarías, dos seus cornos poden pendurar amuletos, exvotos de cera con forma de vaca son levados ás igrexas... natureza máxica arredor delas.
Dicían os veciños e veciñas:
 "Deus chas ampare".
 
As bolboretas son un símbolo universal de transformación e evolución na vida.
Admirable o seu proceso de metamorfose, de pecharse no seu capullo para logo poder voar ceibes.
Para algunhas culturas son seres que poden voar entre o mundo dos vivos e dos mortos.
Ó conectar os dous mundos poderían ser capaces de transportar as almas dos mortos.
En Irlanda no século XVII críase que as bolboretas brancas posuían a alma dos nenos e nenas que morrían, polo que estaba prohibido matalas. En Xapón tamén se considera que a alma dunha persoa viva ou morta, pode reencarnarse nunha bolboreta. Unha persoa viva pode mentres soña, proxectar a súa alma ou inconsciente ata unha bolboreta para voar ceibe por este mundo, para coidar dos seres queridos.

A verdade é que lle din mais voltas que unha peonza...
Partía da idea de facer unha alegoría, unha homenaxe... o conto clásico da leiteira.



Logo a Teoría do caos apoderouse de min, unha cor, outra, silvas, frores, herbas... bolboretas.
As bolboretas na Teoría do caos explican a sensibilidade ás variacións que poseen os sistemas dinámicos. Neste contexto o concepto "efecto bolboreta" que provén da frase popular "o aleteo das as dunha bolboreta poden provocar un Tsunami ó outro lado do mundo", representa o feito de que calquera cambio levará a un fin diferente. 
As bolboretas a pesares de ser insectos pequenos e fráxiles, poden xerar un efecto considerablemente grande.

Ó principio era así... logo cambiou a vestimenta, e naceu a margarida coronando.

Na linguaxe das frores a margarida simboliza a inocencia e a pureza.
Se é branca seica é ideal para seducir á persoa amada.

13 de feb. de 2016

41. Paxaros na leiteira

Ando a pintar unha leiteira que estaba trasteada pola casa. 
Aínda queda outra a que lle darei un lavado de face para que remate os seus días de xeito decorativo pero posta de novo en valor.
A que ensino nas imaxes que seguen tocoulle a temática paxaros na fraga... 
"Pato, peto, pito!" dicían os nenos e as nenas do rural galego, moi ben contado na peli "Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro.
O caso é que penso que ata inventei algunha nova especie fantástica, a partires da anduriña, a bubela, o colibrí...
Con canto traballo se enchería algún tempo de leite e hoxe quizais porte paraugas, veremos en que da...











31 de dec. de 2015

40. Un cadro compartido...


O Santi


Santiago comezou este cadro debuxando un veleiro a lapis surcando os mares, continuei a obra dándolle cor. 
Lembrei o xogo de empezar unha historia e logo seguir a argallar a trama outra persoa. Penso que el imaxinou un día de sol... eu vin tempestade, escuridade... pero no alto ceo a lúa chea guiando xenerosa... algo bo vai pasar cando se faga a luz.