XII. María vai.
María achégase á beiramar, entre as
rochas albisca cunchas que xa pode visionar nas súas próximas creacións. A súa
face reflicte motivación. Mira ó ceo, un arco da vella debúxase no ar,
decátase de que o medo e a escuridade desapareceron co tempo. Foi un acerto
deixar a nada, naquel intre, cara ningún lugar e non morir no intento. Unha canción
de Mercedes Sosa soa ó lonxe, ven da casa de Leo, fillo de emigrantes arxentinos
retornados. Podería ser a banda sonora que da continuidade a esta historia
inconclusa, presaxio de novidades que virán.
“Mirar rasgado, patitas chuecas,
María va, pisando penas, la arena ardiente, María va (…) Quiso la siesta
ponerle un niño a su soledad…”
Ningún comentario:
Publicar un comentario