4 de xul. de 2015

28. María vai... (IV)

VI. Un conto.

            María deixa de sentir anguria no peito, está disposta a relatar unha breve historia en pago á cordialidade. E é que érase unha vez un vello muiñeiro que tiña tres fillos, achegándose a hora da súa morte repártelles o pouco que ten… ó maior o muíño, ó mediano o burro… ó máis pequeno o que queda… o gato. O pai morre, o neno colle unhas botas e ponllas ó gato, os dous van percorrer mundo… A narradora mira a Xus, sonrrí, el move a cola. Ela enfréntase os seus desequilibrios emocionais, el céntrase, xa sabe onde van. 
            Éntralle unha presa tola por marchar, pero doulle pé a Fermín a contar a historia de Micifuz, o navegante.

VII. Micifuz, o navegante.

            María escoita con interese como “El Compostelano”, un barco no medio dun terrible temporal que azota a costa, é abandoado pola  tripulación preto do porto de Corme. Os mariñeiros póñense a salvo surcando as ondas con botes. O navío rompe amarras e queda ó pairo cun ser a bordo… Micifuz. Esquiva a areosa Barra, a Illa Tiñosa, a punta Tabuído… ata que río Anllóns arriba chega indemne con perfecta maniobra a terra. Os observadores pregúntanse quen goberna o barco e o gato pensa “¡Para mariñeiros, nós…!”.

            Será a última velada. Sen despedidas lánzanse ó camiño, a carón da mochila hai unha bolsa con froita, é para ela. Non é capaz de aprecialo pero, brilla o sol.





Ningún comentario:

Publicar un comentario