Santuario da Grela (Codeseda),
onde os barcos penduran nas alturas como ofrendas na procura da salvagarda dos navegantes. |
A Grela de Codeseda, no Concello da Estrada, é un dos vales máis fermosos da bisbarra (e do mundo). Contan que dende o alto da Murada e dende a Serra de Cabanelas se ve a Ría de Arousa, e se nos situamos no Outeiro de Codeseda, nas noites claras, pódese admirar o faro da Lanzada. Cómpre lembrar os versos de Alfonso Fernández "Churrascadas do monte de Outeiro ó Faro da Lanzada".
Pode ser que esta relación visual polos cumios dos altos montes, sexa dalgún xeito o vínculo que serviu de reclamo ós centos de peregrinos que dende a costa acudían a pregarlle a Nosa Señora de Guadalupe da Grela.
O pasado deste lugar entre montañas remóntase, no andar do tempo, ó ano 1748 no que se constrúe unha pequena ermida. Non se pode precisar con exactitude que motivou o seu nacimento, pero do que non queda dúbida é do seu benquerer, vintecinco anos despois comezábase a construción do actual santuario.
O templo está edificado sobre planta de cruz latina cunha clara factura neoclásica e grandes proporcións. Arredor, unha poboada carballeira convértese no escenario ideal de romarías e encontros.
Á beira da muralla que delimita o adro da capela, dende o antigo palco da música, que hoxe fai as veces de miradoiro, pódese ver todo o lugar baixo o ollar protector da serra no outro extremo.
Dende a muralla, de oito metros de alto, cóntanse dous casos de persoas que de noite cairon por ela abaixo ó pensar que aquilo era un valo. Unha longa escalinata comunica o santuario coa fonte e o núcleo principal de casas, deixando ver nos seus gastados banzos o esplendor do que foi testemuña.
No inverno eran de moita sona os bailes de pandeiretas que se celebraban nun alpendre preto do templo. Tódolos xoves e domingos xuntábase xente de aquí e de alá, que tocaban, cantaban, bailaban... ata ben entrada a noite. O custo do carburo para alumear corría a conta das distintas casas do pobo que se alternaban en sufragar os gastos.
Ai! Montiño do Outeiro
que do teu alto se ve brilar
o fariño da Lanzada
dándolle bicos ó mar...
Cando a noite esté escura
e hai moito nubarrón
non te podo ver nen nada
co Cábado de Montillón...
Pode ser que esta relación visual polos cumios dos altos montes, sexa dalgún xeito o vínculo que serviu de reclamo ós centos de peregrinos que dende a costa acudían a pregarlle a Nosa Señora de Guadalupe da Grela.
O pasado deste lugar entre montañas remóntase, no andar do tempo, ó ano 1748 no que se constrúe unha pequena ermida. Non se pode precisar con exactitude que motivou o seu nacimento, pero do que non queda dúbida é do seu benquerer, vintecinco anos despois comezábase a construción do actual santuario.
O templo está edificado sobre planta de cruz latina cunha clara factura neoclásica e grandes proporcións. Arredor, unha poboada carballeira convértese no escenario ideal de romarías e encontros.
Á beira da muralla que delimita o adro da capela, dende o antigo palco da música, que hoxe fai as veces de miradoiro, pódese ver todo o lugar baixo o ollar protector da serra no outro extremo.
Cantas persoas soñarían con esta carballeira... polo vivido, polo bailado, polo cantado... |
Dende a muralla, de oito metros de alto, cóntanse dous casos de persoas que de noite cairon por ela abaixo ó pensar que aquilo era un valo. Unha longa escalinata comunica o santuario coa fonte e o núcleo principal de casas, deixando ver nos seus gastados banzos o esplendor do que foi testemuña.
No inverno eran de moita sona os bailes de pandeiretas que se celebraban nun alpendre preto do templo. Tódolos xoves e domingos xuntábase xente de aquí e de alá, que tocaban, cantaban, bailaban... ata ben entrada a noite. O custo do carburo para alumear corría a conta das distintas casas do pobo que se alternaban en sufragar os gastos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario