![]() |
Restaurada |
A Virxe de Guadalupe da Grela tiña os seus días de gloria o sete e oito de setembro, pero antes celebrábase a novena. As veciñas e veciños da Grela gardan un agradable recordo da canción que entoaban con gran sentimento. Din os maiores que ó principio, eran os homes que mellor cantaban os que acompañaban ó cura nas estrofas e as mulleres respondían co retrouso. Co tempo todos cantaron á unha, ata que... desapareceu o costume.
Consérvase algunha copia con partitura feita de oído polo meu tío, nacido na Grela e sacerdote. O seu desexo era que non se perdera.
Era esta unha das primeiras leccións que se aprendían, tendo en conta que a igrexa non se podía faltar pero a escola si. De feito, era habitual que entre irmáns se alternasen para asistir ás clases que se impartían nunha pequena edificación situada no adro da capela, aínda que por épocas as nenas e os nenos tíñanse que desprazar a Codeseda.
A véspera da festa, o día seis de setembro, ían chegando os romeiros, os de máis preto a pé, e os outros, en especial os que viñan das Rías Baixas, en autobús. Pola falta de estradas moitos deles viñan andando dende A Portela, como queda recollido nos seguintes versos:
A Virxe de Guadalupe
está dereita na porta,
mirando os mariñeiros
como lle soben a costa.
A Virxe de Guadalupe
que se venera na Grela,
para milagres mariñeiros
non hai Santa coma ela.
Viva la Virgen de la alta Grela.
Viva San Jorge de Codeseda.
A Virxe de Guadalupe
que se venera na Grela,
para milagres mariñeiros
non hai Santa coma ela.
Viva la Virgen de la alta Grela.
Viva San Jorge de Codeseda.
Prodíganse as estrofas populares en honor a Santa: eloxios, pregarias... saúdos...
...e ata agasallos de San Xorxe:
Nosa Señora da Grela
ten un vestido de seda,
quen llo dou, quen llo daría,
San Xorxe de Codeseda.
... e a derradeira que me cantan as miñas fontes:
A Virxe de Guadalupe
ten unha galiña branca,
cando lle botan o millo
deixa de comer e canta.
... e outra que quedou a medias ata que alguén se lembre:
Nosa Señora da Grela
ten un sombreiro branco,
...
... e a derradeira que me cantan as miñas fontes:
A Virxe de Guadalupe
ten unha galiña branca,
cando lle botan o millo
deixa de comer e canta.
... e outra que quedou a medias ata que alguén se lembre:
Nosa Señora da Grela
ten un sombreiro branco,
...
Pois creo que xa sei a do sombreiro, dime Rosalía que pode ser:
San Xorxe de Codeseda
ten un sombreiro de pana
que llo dou Nostra Señora
Virxe Guadalupana.
E algunha máis:
O lugariño da Grela
sempre foi e ha de ser
mentras que as mociñas vivan
a Greliña ha de valer.
En el medio de la Grela
hay una piedra redonda
donde Cristo pone el pie
y la Virgen su corona.
En el medio de la Grela
hay una piedra redonda
para sentarse las mozas
cuando vienen de la ronda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario