III
![]() |
O río Toxa, as augas ían así... |
Por aquel entón, andaba eu namoriscada casualmente dun submarinista, ó que vedes ó meu carón nesta mesa. Unha noite confesei a existencia dun misterio nas augas, que quedara en segundo plano polo resto de tensións, e foi el quen se entusiasmou coa idea de explorar o fondo do río. Imaxinamos que a existencia de argolas e certa infraestrutura, é proba de que nalgún momento da historia algunha outra civilización explotou este recurso, quizais na procura dalgún material precioso.
O certo é que unha cousa
levou a outra e hoxe atopámonos aquí coa grata tarefa de inaugurar o Centro de
Interpretación frei Breixo. O noso obxectivo é promover a aprendizaxe creativa,
facer chegar ó público o significado do noso legado cultural, histórico e
patrimonial. Desenvolveremos actividades de comunicación co público visitante para
revelar, explicar… o papel e o significado do patrimonio mediante a súa
interpretación contemporánea. Motívanos especialmente facer medrar a sensibilidade
da sociedade e facer mais eficaz a súa conservación.
![]() |
O Centro de Interpretación frei Breixo nesta ficción que se relata, deseñado por Vicente Illa Alba. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario