5 de abr. de 2014

II.


II

  Tempo despois, moi recuperada do embarazo, senteime na parte dianteira do autobús, esgotáranse tódalas prazas. Invadía o ar certa ansia de aventura de aquelas persoas intrigadas polos misterios do pasado. Había polo menos dous lugares onde inmortalizar a contorna nunha instantánea vital:

*    O Camposanto da Virxe Protectora coa capela e a súa imaxe misteriosa.
*    O Mosteiro da Cova, co río e a fervenza dando vida ó pensamento.

Seguramente unha fervenza así... como a do río Toxa preto de Bandeira.

Era a terceira vez que guiaba aquela ruta e sempre me deparaba algunha sorpresa, viaxes cheos de emoción, de vivencias compartidas e descubrimentos. A primeira vez que baixei con almas na procura de aventura ó interior da Virxe, unha muller púxose de parto prematuro embriagada polo espazo maternal no que estaba. Evoquei aquel día, no que fun visitar á miña nai, en avanzado estado de xestación e co despido laboral improcedente aínda no bolso. Frei Breixo e a Divina Providencia salváronme dun futuro incerto como nai en solitario dunha nena á quen puxen de nome como a súa finada avoa.
     No segundo viaxe a sorpresa maior foi para Tareixa Castro, viúva de republicano desaparecido na Guerra, empeñárase en baixar xunto coa súa filla ó interior da Virxe a pesares da súa avanzada idade. Nun recuncho nu dunha das paredes descubriu gravado o nome do seu home. Era unha das persoas que permaneceran ocultas para fuxir da morte. Segue desaparecido, aínda que esa é outra historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario