A miña cabana é saudable pero non chega a arte... Haberá que aprender...
 |
A estructura non sería posible sen os sabios consellos e a colaboración de Vicente Patente. |
 |
Resultado final. Importante resaltar que para subir de piso compre utilizar a flor levitadora, unha alfombra voadora que soluciona calquera desprazamento interior e incluso exterior. "Non se preocupar polo tamaño", en canto a tocas adáptase ó teu corpo, non importa como sexas. |
 |
A cheminea é en forma de flor para esparrexer os fumes descontaminados e aromáticos cun sistema máxico especial. |
 |
O tellado é de cartón por recomendación de Vicente pero... non pensei no sentido que debía levar e tellei ó revés, as augas deberan ser canalizadas cara abaixo. Neste caso cúmprese á perfección o dito de que non hai mal que por ben non veña porque será menos perigoso como atalaia, para pousarse os seres voadores... e non se descarta criar alí malvas e outras herbas... |
 |
Os alicerces son unha rede vexetal espigada con propiedades que sobrepasan os límites da imaxinación... |
E unha cousa leva a outra...
 |
Maxinamanta
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario