Para Maxina,
que tódolos teus
soños sexan doces,
que disfrutes
dos momentos,
que te sintas
representada en historias que deixen bo sabor e…
sobre todo, que
o espertar sexa feliz.
¿Quen eres, fada sen nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sorrisa
de feituriña tan cándida?
Rosalía de Castro
Meniña, ti a máis fermosa
Fada sen nome (Maxina)
Agochada entre as árbores da fraga
agardaba o paso da lavandeira, só quería axudala, decatárase de que coxeaba e algo
penduraba da súa pata esquerda. Cando a tiña a un paso, saltou sobre ela co
coidado preciso para non ferila pero… ante o seu abraio, a ave comezou a voar
esparexendo estrelas de cores cara onde as súas ás batían.
Meniña, ti a máis fermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada…
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada…
“Xa
esperta, xa esperta”, oeuse unha voz agarimosa. Anibia de Oca parou de
cantar e miraba a moza con intriga… realmente cría que
era unha ninfa? A fada sen nome do noso conto abre os ollos e mira arredor,
está nunha cabana de madeira, as paredes son azuis, o chan está alfombrado de
fíos de cores que se enredan entre si.
-
Onde estou?
-
Na casa de Anibia.
-
A menciñeira?
-
Hai quen así me coñece. E ti
quen es?
-
Non me lembro.
-
Será polo golpe que debiches
levar, atopeite esvaida no chan.
-
Antes de este intre todo está
confuso.
- Téñote visto na
fervenza, nadando no río, acariñando e coidando os seres a quen outros fan mal...– Anibia tapou os ollos con
espanto e rematou nun suspiro – Xa te
acordas de que es unha boa persoa?
- Eu seguinte algunha vez cando
collías herbas polo monte pero non me atrevín a falarche.
- Pois dende hoxe aquí tes o teu
fogar, cando gustes vir.
Maxina debía volver a casa, a súa
familia estaría preocupada, especialmente a súa doce avoa. Rematou a infusión
morna que a menciñeira lle ofrecera e con sorprendente vitalidade incorporouse
dun chimpo. Foi entón cando puido ver a fonte de aquel calor que lle devolvera
as forzas, era unha manta de cores que a
cubría e que tiña unha figura tecida no medio. Anibia sorriu e contoulle que
atopara na súa mochila un debuxo de nena que lle pareceu que a representaba.
Estivera
tecendo Anibia lan abaixo, lan arriba, pensando nun feliz desenlace, logo tapou
a moza soñadora coa manta inspirada no debuxo que alguén con agarimo
fixera da doente. Mentres cantaba os versos de Rosalía, retornou a ninfa das frescas augas a vida terrea. Dende
entón cando Maxina está triste pon música, le, tápase coa manta… e deixa voar a
mente ata aquela cabana da fraga, preto do río… sae a camiñar polo monte e…
sorrí.
![]() |
A lavandeira tamén foi levada a casa de Anibia, onde agora faille os coros a menciñeira. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario