III. Cara ningunha
parte.
María e Xus atravesan un río, unha
ponte facilita a tarefa, nunha esquina medra unha flor lila. Detéñense para
observar a paisaxe, divisan un pequeno pobo. Se puidesen retroceder no
tempo, verían como Rosalía celebra alí o bautizo prenatal do que será o seu
primeiro fillo. Naquela época, antes de parir, era costume procurar a
protección das forzas sobrenaturais acudindo a medianoite a ponte. Agardaban ó primeiro camiñante que cruzase invitándoo a botar auga do río
sobre o abultado ventre, apadriñando deste xeito á criatura.
O camposanto chama a súa atención,
lousas de pedra recordan vidas pasadas, historias que só poden imaxinar,
as cinzas de Rosalía descansan en paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario