O día 8 de setembro celebrábase a misa cantada e desfilaban as imaxes en procesión arredor da capela. Ó voltar diante da porta principal do santuario tódolos fregreses pasaban por debaixo da ande da Santa e ó aproximarse a ela tocaban as estampas, os panos ou mesmo as mans no seu manto.
![]() |
A miña nai, con chaqueta escura e veo negro, levando a Santa. |
![]() |
O meu pai, con chaqueta clara, e un dos meus tíos levando a ande. |
A Virxe de Guadalupe, coas súas mellores galas e co manto cheo de billetes, presidía a procesión a ombreiros das mozas e mozos do lugar. Non faltaban estandartes, ofrendas dos que padeceran perigos no mar ou enfermidades graves, exvotos de cera recreando as partes do corpo humano, figuras de animais para a súa protección...
Houbo unha Reliquia, hoxe desaparecida, que representaba a Virxe en miniatura e era a protagonista dun solicitado ritual. Un membro da comisión de festas, impoñía con devoción a pequena imaxe sobre os ombreiros e a fronte dos fieis, que prostrados ante el ansiaban o ben. Logo dábaselle un bico, para rematar a sanación ou afastar as doenzas. Non falta nesta historia quen ofrecía sacrificios varios, entre eles arrastrar os gastados xeonllos arredor da capela, nin quen se achegue a fonte de auga milagreira de Nosa Señora para lavarse na súa cristalina esencia.
No que se refire as persoas da costa que se achegaban a este recuncho de montaña, cómpre salientar a súa labor de achegar o mar ó interior. Esta xente que chegaba dende O Grove, Cambados e outras vilas mariñeiras, traían cousas pouco vistas ou descoñecidas, ante a curiosidade dos veciños. O seu xeito de falar e as historias que contaban achegaban ademais novas dunhas terras que daquela estaban a unha distancia moito maior, se consideramos que non había as comunicacións de hoxe.
No pasado da romaría da Virxe de Guadalupe da Grela atópanse similitudes con outras que perduran aínda hoxe, coma a dos Milagres de Amil, que seguen sumando devoción.
Bandas de música, rosquilleiras, polbeiras, gaiteiros... festa rachada... nas dúas noites de verbena bailaban na mocidade e na vellez, as xentes do lugar e os chegados de fóra con grande animación, as pezas máis solicitadas eran a muiñeira, a xota e o pasodobre, a este son prolongábase a festa ata altas horas da noite. A capela estaba aberta ata que remataba a foliada.
Como selo da romaría o día 9 de setembro, tiña lugar a puxa dalgúns dos obsequios que obtivera en ofrenda a Guadalupe: centeo, millo, patacas, hábitos, cera, panos, vestidos... Acudían, sobre todo, xente dos arredores para mercar patacas da Santa e hábitos cos que logo facían camisóns e roupa interior, pero tamén homes de máis lonxe que mercaban cera...
Lémbrase na Grela unha ocasión na que unha nai ofreceu unha becerra se non lle morrían os fillos na guerra e, como o seu desexo se viu cumprido, levouse a cabo a puxa do animal.
Esta Santa tiña fama de ser tan avogosa que íanlle rezar os mozos chamados a filas, os que emigraban... Tanto era o respecto, que por tradición os habitantes do lugar levaban os defuntos a capela a despedirse da Santa antes de partir ó camposanto de Codeseda, uns quilómetros máis alá, onde os seus restos descansarían por toda a eternidade.