![]() |
Foto de Diego |
Dende a beiramar Vicente observa a vella gamela afundida, cando baixe a marea o seu esqueleto quedará de novo exposto. Terá que decidir se deixala alí, onde alguén a abandonou a súa sorte engadindo decadencia ó mar, ou levar a cabo o proxecto que rolda na súa mente cada vez que a mira.
Cen días dedicou o fareiro da illa a
restaurar aquelas táboas húmidas e carcomidas. Finalizada a labor foi coroada a
súa obra cunha branca vela que prometía axudar ó vento a debuxar un improvisado ronsel
nas augas, como noutro tempo fixera. Non había rastro da súa outra identidade e
foi chamada “100”, en honor os días compartidos de ilusión e como comezo de
singradura.
Viñeron despois moitas viaxes pola
costa… un deses días nos que atracou noutros peiraos, advertiu un cartel que nunca vira, o anuncio
dun espectáculo, “Golfiños”. Acordouse das tardes de tormenta que
aproveitaba para disfrutar da lectura na biblioteca do faro e tamén para deleitarse
ou deprimirse co cinema, os documentais…
Lembrou o documental The cove,
onde Ric O’Barry relata como deixou de ser adestrador de golfiños ó decatarse
de que a serie norteamericana Flipper non reportara beneficios para o protagonista. Pola contra, xerouse unha adoración ó espectáculo dos golfiños como atracción nos parques mariños, provocando cacerías como as de
Taiji e, para máis traxedia, o desexo de morte dos cetáceos presos obrigados a facer acrobacias.
Pensou na posibilidade de que esas
estrelas por obriga se suicidaran en catividade, da liberdade e
de cómo se sentía el sen ataduras no mar a bordo da súa gamela. Non era fondo
coñecedor desta especie nin da súa linguaxe pero propúxose tentar un
achegamento de salvamento. Foi doado chegar á piscina onde os áxiles animais mariños brincaban entre aros e pelotas de cores.
É moi fermosa a historia, só a túa gran sensibilidade e capaz de tecer magníficos relatos coma este. Agardo con impaciencia a continuación. Moitas Grazas.
ResponderEliminar