Ollaba coa mirada perdida aquela fermosa paisaxe case
sen vela, se puidera voaría sen parar ata perderse nas alturas, para logo
descender na embarcación onde el navega.
Sempre fora temerosa da tormenta que se empeñaba en
estrelar caldeiros de auga contra a fiestra do seu cuarto. O vento batía forte
naquel lado da casa onde durmía de nena, só protexido por un castiñeiro que co
bo tempo parecía sorrir, e co malo convertíase nun monstro. Un ser con longos
tentáculos dos que parecían xurdir raios e tronos, pero que era unha bendición
no outono cando as polas ciscaban xenerosas as castañas.
O seu pai desaparecera no mar no medio dunha
misteriosa brétema, nada volveron saber. Non houbo testemuñas do feito, só o
silencio e a calma despois da tempestade, rota no porto polos berros das
mulleres que non terían corpos para soterrar. Nas noites de temporal escoitaba
bramar o mar e sentía un desacougo que lle oprimía o peito. Os seus ollos eran
un mar de bágoas contidas que formaban ondas na súa mente, mentres notaba un
amargo sabor salgado na lingua.
O seu
amor mariñeiro sempre volvía...
Fuxan os ventos. O meu amor é mariñeiro... se o que queres escoitar aquí.
![]() |
O lenzo en branco ofrecendo todas as súas posibilidades vai esbozando a historia... |
![]() |
Contando a historia a pinceladas... achegándose ó resultado final... |
Convértese en agasallo para Vicente o fareiro de Illa Alba... e así loce na biblioteca. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario