Susana Pazo Maside fai da súa arte un xeito de crear soños, historias, reflexións... tendo como refente a cultura galega, a universal, e especialmente, a súa visión do mundo. Escultura, pintura... técnicas mixtas, materiais diversos... en variados formatos e formas... explora os recursos, investiga e descobre un universo máxico.
![]() |
http://aportaverde.blogspot.com.es/2010/06/lenzo-de-susana-pazo.html |
Ten participado en exposicións colectivas, individuais, con fins sociais... e ata no cinema, como mostra delo os seus retratos de Manquiña e Pepe Sancho, en Siempre Habana.
No seu Obradoiro, apréndese a interpretar o que percibimos con outra mirada, as cores, tonalidades, perspectivas... unha terapia tamén para encontrarse, ideal para aquelas persoas de mente dispersa coma min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario