![]() |
Unha nova manta... Lúa. |
Conta unha lenda que a Lúa está alí onde agarda o tempo perdido, as promesas rotas, as intencións que nunca se converten en accións e onde rematan os desexos insatisfeitos. Alexander Poe, o poeta, escribiu que a Lúa era "o fogar de tódalas cousas perdidas, como o cerebro dos heroes e as bágoas das persoas que esperan herdar os cartos do moribundo".
Como as fases da Lúa fan que ésta pareza encherse e baleirarse de auga, crese que se recolles herbas e prantas en lúa chea éstas serán especialmente boas.
Os anglosaxóns daban un nome diferente a Lúa según o mes: por exemplo, a Lúa - Lobo era xaneiro, a Lúa dos prados era xullo e a Lúa de sangue era novembro. Hai centos de nomes nas linguas indíxenas de Norteamérica que fan referencia a Lúa, dende "Lúa cando a cola do pequeno lagarto cae de frío" (xaneiro) ou "Lúa cando as cereixas están maduras" (Xullo).
- Lúa crecente: fase da Lúa dende a lúa nova ata a lúa chea. Neste caso é máis empregado cuarto crecente ou o crecente (da lúa). Chámase así porque cada día vese máis superficie lunar.
- Lúa chea: estado da Lúa en que se ve desde a Terra todo o disco desta (a cara visible). Plenilunio (culto).
- Lúa minguante: fase da Lúa que vai dende a chea ata a nova. Coma no caso da lúa crecente, son máis empregadas as denominacións cuarto minguante ou o minguante, a minguante (da lúa). Devalo (culto).
- Lúa nova: fase da Lúa na que esta é iluminada polo Sol na cara oposta á Terra, e polo tanto non se ve máis que a súa sombra. Novilunio (culto).
- Lúa vella: é equivalente á Lúa chea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario