11 de out. de 2015

35. Moucho VelaSoños




Andiven nestes días cos fíos a voltas... e naceu outra manta...
Representa un moucho mansiño, un pouco tristeiro só na súa árbore... moi sabio despois do que leva visto... seguro veará os soño de quen o poña nos seus pés.

En CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO escribía:

Eu ben vin estar o moucho

Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!

Unha noite, noite negra,
como os pesares que eu teño,
noite filla das sombrisas
alas que estenden os medos;
hora en que cantan os galos,
hora en que xemen os ventos,
en que as meigas bailan, bailan,
xuntas co demo pirmeiro,
arrincando verdes robres,
portas e tellas fendendo,
todas de branco vestidas,
tendido los brancos pelos,
contra quen os cans oubean
agoirando triste enterro;
cando relumbrar se miran
antre os toxales espesos,
cal encendidas candeas
ollos de lobo famento,
e os ramallaxes dos montes
antre sí murmuxan quedos,
e as follas secas que espallan
os aires da noite inquietos,
en remuíños se xuntan
con longo estremecemento;
indo camiño da Igrexa,
soia cos meus pensamentos,
cabo da fonte da Virxe,
pretiño do cimeterio,
dempois de sentir un sopro
que me deixou sin alento,
eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo...

O noso moucho non só non da medo senón que o quita.

10 de out. de 2015

34. Lúa

Unha nova manta... Lúa.


Conta unha lenda que a Lúa está alí onde agarda o tempo perdido, as promesas rotas, as intencións que nunca se converten en accións e onde rematan os desexos insatisfeitos. Alexander Poe, o poeta, escribiu que a Lúa era "o fogar de tódalas cousas perdidas, como o cerebro dos heroes e as bágoas das persoas que esperan herdar os cartos do moribundo".

Como as fases da Lúa fan que ésta pareza encherse e baleirarse de auga, crese que se recolles herbas e prantas en lúa chea éstas serán especialmente boas.

Os anglosaxóns daban un nome diferente a Lúa según o mes: por exemplo, a Lúa - Lobo era xaneiro, a Lúa dos prados era xullo e a Lúa de sangue era novembro. Hai centos de nomes nas linguas indíxenas de Norteamérica que fan referencia a Lúa, dende "Lúa cando a cola do pequeno lagarto cae de frío" (xaneiro) ou "Lúa cando as cereixas están maduras" (Xullo).


  • Lúa crecente: fase da Lúa dende a lúa nova ata a lúa chea. Neste caso é máis empregado cuarto crecente ou o crecente (da lúa). Chámase así porque cada día vese máis superficie lunar.
  • Lúa chea: estado da Lúa en que se ve desde a Terra todo o disco desta (a cara visible). Plenilunio (culto).
  • Lúa minguante: fase da Lúa que vai dende a chea ata a nova. Coma no caso da lúa crecente, son máis empregadas as denominacións cuarto minguante ou o minguante, a minguante (da lúa). Devalo (culto).
  • Lúa nova: fase da Lúa na que esta é iluminada polo Sol na cara oposta á Terra, e polo tanto non se ve máis que a súa sombra. Novilunio (culto).
  • Lúa vella: é equivalente á Lúa chea.