Atopei unha herba de namorar no peto...
E lembrei que tiña un blog criando malvas no esquecemento...
Neste tempo, fixen e desfixen, e nunha desas naceu Pepi Momo.
Xorde dunha botella baleira, para converterse na miña conciencia e ilusión.
O tema era reciclar un envase para presentar os resultados dun traballo académico, viña sendo unha performance...
Xorde dunha botella baleira, para converterse na miña conciencia e ilusión.
O tema era reciclar un envase para presentar os resultados dun traballo académico, viña sendo unha performance...
A idea é converter a botella nunha moneca, unha
descendente imaxinaria de Pepito Grillo
(a conciencia de Pinocho que o afasta dos problemas e aconsella nas situaciones difíciles) e de Momo (a
nena que devolve o tempo ós seres humanos ganando a batalla ós
homes de gris). O seu nome será Pepi Momo.
A cabeza é unha pedra que recorda un corazón, cubrirémola cun globo, máis doado de pintar. Buscamos unha expresión positiva e ilusionada.
A cabeza é unha pedra que recorda un corazón, cubrirémola cun globo, máis doado de pintar. Buscamos unha expresión positiva e ilusionada.
Antes de
nacer, cando somentes era un boceto nunha libreta, case se chama Pancha.
Resumindo:
Botella baleira
+
Pedras no interior e unha cuncha de
navalla na que pintamos o seu corazón
+
Pasta
de papel, a súa segunda pel
![]() |
Restos de la, un trozo de tea vaqueira dun arranxo…
|
Retocamos a expresión con rotuladores…
Complementos de inverno… tamén para durmir…